Skip to content
Abr 9 12

A XXIX SGF MODIFICA DÚAS SESIÓNS

Giacomo Marramao será substituído por Fabien Tarby e Bermudo Ávida por Quintín Racionero. A Aula Castelao de Filosofía comunica a baixa de Giacomo Marramao así como a de José Manuel Bermudo, por motivos persoais. Substituiranos Fabien Tarby e Quintín Racionero, respectivamente. Así, Quintín Racionero, reputado filósofo, estará o xoves ás 10,30 da mañá no Auditorio de Novagalicia Banco, ofrecendo a conferencia “A excepción europea. O problemático papel do Estado-Nación na economía global”. Analizará a situación na que queda ou o papel ao que se adscribe o Estado, como forza política, nun contexto internacional dirixido por intereses macroeconómicos ou financieiros.Fabien Tardy, filósofo novo seguidor da liña francesa iniciada por Deleuze, dalgún xeito seguida por Badiou, falará no canto de Giacomo Marramao. Isto é, o venres ás 10,30 no auditorio de Novagalicia Banco, en Pontevedra. Partindo da súa formulación teórica, a saber, materialismo e posibilidades revolucionarias, falará sobre “As dialécticas europeas”. Nesta ponencia observará o dispositivo que pon en marcha o materialismo político e a súa posible conxugación cunha ontoloxía da multiplicidade, de modo que sexa posible articular vías de emancipación social e política que respondan ás circunstancias actuais.

Abr 2 12

PECHOUSE O PRAZO DE MATRICULACIÓN NA XXIX SGF

Este ano a SGF contará como un curso de formación para o profesorado de 20 horas, xa que está solicitada a homologación á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (toda a xeira do luns, e as sesións de tarde e noite até o venres, fóra do horario lectivo). Asemade, como en anos anteriores, a asistencia a toda a edición da XXIX SGF tamén contará coa homologación da Universidade de Vigo (con 2 créditos de libre configuración). 

O prazo de matriculación rematou o domingo 8 de abril de 2012. Para acadar o certificado da SGF, será obrigatorio asisitir ás sesións. Para @s non matriculad@s, a asistencia será libre. Como en anos anteriores tódalas sesións terán lugar no auditorio de NGB, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé, en Pontevedra.

O Diploma de 30 horas para a obtención de 2 créditos de libre configuración, só é válido para a Universidade de Vigo (ou calquera outra, dependendo dos seus convenios internos). Para obter este Diploma é necesario asinar 6 veces ao longo da SGF, validándose as mañás, tardes e noites. Na noite do venres non se pasarán listaxes.

Lembrade que os diplomas que se darán o venres son válidos unicamente para a Universidade. Os da Consellería entregaranse con posterioridade, ben a través do correo electrónico edu.xunta, ben en papel para as persoas alleas á Consellaría.

 

 

Mar 30 12

CONCEDIDA A HOMOLOGACIÓN PROVISIONAL

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeu a homologación provisional para a presente edición da Semana Galega de Filosofía, homologación idéntica á de calquera outro curso publicitado. Animádevos e matriculádevos na XXIX SGF “Filosofía e Europa”! Así, este ano a SGF poderá contar como un curso de formación para o profesorado de 20 horas. A duración correspondente  para obtención do certificado de asistencia neste curso, repártese así: toda a xeira do luns e as sesións de tarde e noite até o venres, fóra do horario lectivo. Asemade, como en anos anteriores, a asistencia a toda a edición da XXIX SGF (mañás, tardes e noites de luns a venres) tamén contará coa homologación da Universidade de Vigo (con 2 créditos de libre configuración).

Mar 1 12

ABERTO O PRAZO DE MATRICULACIÓN NA XXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, “FILOSOFÍA E EUROPA”

Xa podedes matricularvos na XXIX Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e Europa”. Para iso, podedes acceder dende a ligazón da web (na parte superior, no centro: Formulario de inscrición). Este ano a SGF poderá contar como un curso de formación para o profesorado de 20 horas, xa que está solicitada a homologación á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (toda a xeira do luns, e as sesións de tarde e noite até o venres, fóra do horario lectivo). Asemade, como en anos anteriores, a asistencia a toda a edición da XXIX  SGF tamén contará coa homologación da Universidade de Vigo (con 2 créditos de libre configuración). 

O prazo de matriculación remata o domingo 8 de abril de 2012 (incluído). Para acadar o certificado da SGF, será obrigatorio asisitir ás sesións. Para @s non matriculad@s, a asistencia será libre. Como en anos anteriores tódalas sesións terán lugar no auditorio de NGB, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé, en Pontevedra. A LISTAXE DE ADMITID@S, FARASE PÚBLICA AO REMATE DO PERÍODO DE MATRICULACIÓN.

programa XXIXsemana filosofia

Mar 15 11

XXVIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: FILOSOFÍA E MENTIRA

Pontevedra, do 25 ao 29 de abril de 2011

Entre os días 25 e 29 de abril de 2011 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Mentira. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé.

Dec 20 09

XXVII SEMANA

Filosofía e economía

Dec 14 09

XXVI SEMANA

Filosofía e educación

Dec 14 08

XXV SEMANA

Flosofía e utopía

Dec 14 07

XXIV SEMANA

Filosofía e diferenzas

Dec 14 06

XXIII SEMANA

Filosofía e violencias

Dec 14 05

XXII SEMANA

Filosofía e sustentabilidade

Dec 14 04

XXI SEMANA

Filosofía e cidadanía

Dec 14 03

XX SEMANA

Filosofía e compromiso

Dec 14 02

XIX SEMANA

Filosofía e deporte

Dec 14 01

XVIII SEMANA

Filosofía e tecnoloxía

Dec 14 00

XVII SEMANA

Filosofía e cambio de Milenio

Dec 14 99

XVI SEMANA

Filosofía e autodeterminación

Dec 14 98

XV SEMANA

Filosofía

Xan 1 97

XIV SEMANA

Filosofía e traballo

Dec 14 96

XIII SEMANA

Filosofía e lingua

Dec 14 95

XII SEMANA

Filosofía e xénero

Dec 14 94

XI SEMANA

Filosofía e democracia

Dec 14 93

X SEMANA

Filosofía e relixión

Dec 14 92

IX SEMANA

Filosofía e nación

Dec 14 91

VIII SEMANA

Filosofía e Latinoamérica

Dec 14 90

VII SEMANA

Filosofía e ecoloxía

Dec 14 89

VI SEMANA

Filosofía e poder

Dec 14 88

V SEMANA

Filosofía e identidade

Dec 14 87

IV SEMANA

Filosofía e ciencia e sociedade

Dec 14 86

III SEMANA

Filosofía e ensino

Dec 14 85

II SEMANA

Filosofía e ética

Dec 14 84

I SEMANA

Filosofía: teoría e praxe