ABERTO O PRAZO PARA O ENVÍO DE COMUNICACIÓNS DA XXIX SGF
Un ano máis dende a Aula Castelao de Filosofía, anunciámosvos a celebración en Pontevedra da XXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 9 e 13 de abril de 2012, co título de: Filosofía e Europa. Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da SGF, co gallo de ampliar e enriquecer as posibilidades de debate. As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:
-Ter unha relación clara co tema da SGF.
- Estaren escritas en galego.
- Non sobrepasar as 300 liñas.
- Nunha folla á parte: título, nome dos autores/as, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
-Como limiar da comunicación: título, autores/as e enderezo ou correo electrónico para facer público.
De non se cumpriren as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas. As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como ficheiro xunto ao correo electrónico da Aula Castelao de Filosofía. A data límite para a recepción de comunicacións é o 20 de febreiro de 2012.