Entre os días 25 e 29 de abril de 2011 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Mentira. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé.
Inscripción na aula Castelao para a próxima edición
Sofía, terás que esperar a que estea aberto o prazo de inscrición na web. Así que estea, poderás inscribirte. Grazas polo teu interese.
Como licenciada en filosofía parécenme interesantes as propostas que facedes. Pero sendo prácticos e pensando en rentabilizar o tempo que hai que dispor para poder asistir a Semana de filosofía quixera saber se o diploma que dades ten validez, está homologado, para os sexenios ou non. Grazas
A Aula Castelao de Filosofía e a Universidade de Vigo recoñecen o Congreso XXVIII SGF con 50 horas de formación. A posíbel homologación destas horas como formación permanente do profesorado por parte da Consellaría de Educación e O.U. vén regulada pola Orde de 1 de marzo de 2007 (DOG 11 abril). Para calquera aclaración sobre esta homologación debedes dirixirvos á Consellaría de Educación e O.U. Até a XXIV SGF non houbo problema co recoñecemento, mais coa nova normativa algunhas persoas informáronnos de problemas coa homologación na Consellaría.
Preguntei na Consellaría sobre o recoñecemento para os sexenios. Segundo eles, para recoñeceren a actividade para os sexenios a institución que a organiza debe ter solicitado á Consellería á homologación, tal como se indica na Orde de 1 de marzo de 2007.
Se a entidade ten a referida homologación, o único requisito e anexar ao diploma da actividade un papel que garanta que a actividade está homologada.
A miña pregunta é: A Semana Galega da Filosofía está ou non homologada pola Consellaría? Se non está, preténdese solicitar a homologación para esta edición?
Grazas e un sáudo,
A Aula Castelao de Filosofía solicita tódolos anos, xunto coa Universidade de Vigo, a homologación da Semana Galega de Filosofía. Para calquera aclaración sobre esta homologación debedes dirixirvos á Consellaría de Educación e O.U. Neste intre estamos en conversas para que se recoñezan esta edición e tódalas anteriores.
1. Tense xa constancia de cal vai a ser a porcentaxe da asistencia requirida para a obtención do título? Non son de Pontevedra e non poderei asistir a todas as ponencias.
2. Anunciaredes eiquí se este ano o curso vai ser homologado?
Proximamente publicaremos aquí a porcentaxe ou número de sesións de asistencia obrigatoria da XXVIII SGF, para poder conseguir o título. Por outra banda, a Aula Castelao de Filosofía solicita tódolos anos, xunto coa Universidade de Vigo, a homologación da Semana Galega de Filosofía. Para calquera aclaración sobre esta homologación debedes dirixirvos á Consellaría de Educación e O.U. Neste intre estamos en conversas para que se recoñezan esta edición e tódalas anteriores.
Matriculeime a finais de marzo e non entendo por qué non aparezo na listaxe de asistencia, cando ademáis non me foi posible acceder antes a ela, antes de que o prazo de matrícula estivese pechado, agora teño permiso da inspección para asistir e vou tentar asistir, pero me van a recoñecer vostedes a miña asistencia?
Recordamos que durante o debate aquelas mensaxes e comentarios engadidos na web serán trasladados aos relatores. Por iso sentimos que no engadírades antes este comentario.
Grazas
Quería saber si podría obtener de alguna manera el diploma del congreso de este año de nuevo, ya que el otro se me ha extraviado.
Gracias
A semana da Filosofia è unha actividade,que pola sua importancia cultural è aceptación social,hoxe faise imprescidible non solo en PONTEVEDRA ,si non en toda a povincia è tamèn en GALICIA.